A COMERCIALIZACIÓN DA SAÚDE. by Pablo Vaamonde García(Coord.)

A COMERCIALIZACIÓN DA SAÚDE.

byPablo Vaamonde García(Coord.)

Kobo ebook | May 2, 2016

Pricing and Purchase Info

$11.40

Prices and offers may vary in store

Available for download

Not available in stores

about

Este libro analiza con detalle a situación a que se chegou co desastre do novo hospital de Vigo e sitúa este relato no contexto galego, estatal e internacional. Os seus autores son persoas con gran compromiso social e recoñecidos coñecementos e experiencia sobre o tema. Tamén aportan e propoñen alternativas para dar saída á problemática creada con este proxecto cheo de irregularidades. É un libro excelente que nos incita a todos a seguir loitando e traballando polo dereito á saúde e para que os intereses da poboación prevalezan sobre os das multinacionais, dos es¬peculadores e das tramas que queren facer negocio e lucrarse de forma indecente a expensas dos orzamentos públicos, mesmo poñendo en risco a continuidade do actual sistema sanitario. Marciano Sánchez-Bayle Os recortes e as medidas destinadas ao desmantelamento e privatización da Sanidade pública foron a norma nos catro anos de mandato do PP. Só se moderaron, en parte, polo amplo rexeitamento social e profesional que se produciu case desde o primeiro momento. Durante estes anos producíronse as maiores mobilizacións coñecidas en defensa da Sanidade pública estendidas por toda a xeografía do país. Manuel Martín García Non todo está perdido: as plataformas de defensa da sanidade pública te¬ñen conseguido grandes éxitos. Mais o único que pode salvar os dereitos conseguidos e restaurar o Estado de benestar é un goberno de progreso que defenda a sanidade e os servizos públicos e que procure desligarnos de calquera tratado internacional antidemocrático (TTIP/TISA ou similar). María Luísa Lores Aguín Os cidadáns non poderán esquecer que, por decisións políticas e por afán de lucro, os dirixentes do PP están a poñer en risco a saúde colec¬tiva, ademais de deixar unha severa hipoteca para o futuro da sanidade pública galega. Este hospital, que Núñez Feijoo presentou como o gran proxecto do seu mandato presidencial, deixa ver ás claras o que é na realidade: unha gran estafa. Pablo Vaamonde García

Title:A COMERCIALIZACIÓN DA SAÚDE.Format:Kobo ebookPublished:May 2, 2016Publisher:Laiovento

The following ISBNs are associated with this title:

ISBN - 10:8484873161

ISBN - 13:9788484873167

Look for similar items by category:

Reviews