Arredor de Chinto

Arredor de Chinto

Kobo ebook | June 5, 2015

Pricing and Purchase Info

$14.46

Prices and offers may vary in store

Available for download

Not available in stores

about

Nesta novela nárranse pouco máis de dúas décadas da vida de Chinto, un rapaz de Outeiro, aldea perdida nas montañas de Lugo, que nos descubre a súa infancia, o seu mundo cheo de acontecementos que intenta comprender servíndose do modelo de conduta que lle fornece o pai e que non é outro que o do seu bisavó homónimo, conquistador inesgotábel de mulleres, aventureiro, pirata, amante clandestino fuxido ao Brasil de forma intempestiva, sen ter chegado a coñecer o seu único fillo lexítimo. Retrátase o mundo que rodea ao cativo, as persoas e sucesos que marcan a súa maneira de contemplar a realidade, a escola, a relixión, o amor, un amor inconveniente que o ata ao lugar de nacenza e do que acabará fuxindo. Abandonará a aldea coa finalidade de esquecer o limitado mundo de relacións restrinxidas. Coñecerá a vila mariñeira de Cedeira, xente diversa, un mundo diferente, de mar aberto, antes de marchar ao Brasil, fuxindo de amores imposíbeis e coa finalidade de encontrar o home que foi a súa referencia vital. Ao longo da novela coñeceremos as vidas das distintas persoas que se sitúan arredor de Chinto.
Title:Arredor de ChintoFormat:Kobo ebookPublished:June 5, 2015Publisher:Baia edicions

The following ISBNs are associated with this title:

ISBN:9990050754811

Reviews